7/6/09

MINIBROCHETAS DE ANGUILA

As minibrochetas de anguila son a principal novedade na carta do restaurante Terras do Miño, de Lugo, no que ceamos recentemente. Ese día tamén probamos unha ensalada que levaba perdiz escabechada e noces. Estes dous platos que compartimos de primeiro gustáronnos moito.
De segundo eu comín chuletiñas de cordeiro, que estaban ricas pero a ración era algo escasa para o que é habitual nese establecemento.
E de postre tomei filloas con azucar, que estaban moi ricas e a ración era moi xenerosa.
Coma sempre o servizo foi bon e por iso seguro que non tardaremos en volver ó Terras do Miño, un restaurante que nos gusta moito, sobre todo no verán.

No hay comentarios: