26/1/09

CUMPLEANOS

Da fin de semana pouco que contar. O venres noite de temporal tamén en Lugo onde estivemos sen luz desde as once e media ata as tres da mañá máis ou menos. Vimos volar uralitas de plástico, caer tellas, arrastrar contenedores pero pouco máis. Como consecuencia do temporal a fin de semana tocou traballar e gracias que estaba en Lugo puiden facelo sen moitas complicacións, porque os meus compañeiros xornalistas de El Progreso na Mariña tiveron que marchar para Lugo a traballar e os de La Voz de Galicia repartíronse entre Ferrol e Lugo. E despois do traballo comida familiar en La Bodega de Pedro e tarde de compras para rematar o día coa cea de cumpleanos de María José que foi en La Oca e despois tomamos unha copa en La República. A Pepa hai que tirarlle das orellas hoxe que é o seu día. Celebrar, celebrámolo por adiantado porque senón había que agardar ata a vindeira fin de semana e cando hai algo que celebrar é mellor facelo axiña. E o domingo comida familiar de novo, despois de xoguetear con Andrea que non cala a princesiña da casa e pola noite cea en casa de Sonia e de Miguel porque facía tanto frío na rúa que deixamos os viños e a cea fora para outro día con tempo máis agradable. Ceamos moito, rímonos moito e falamos moitísimo. Por certo xa temos listos os disfraces para o antroido, que se prepare Ribadeo. Poñéndonos serios do caos vivido estes días na Mariña e noutros moitos puntos de Galicia falaremos nos sucesivos comentarios. Podedes contarnos as vosas experiencias cando queirades, porque esto foi como retornar á epoca dos nosos pais ou incluso dos nosos avós.

No hay comentarios: