No local onde antiguamente estivo o pub Piano (no que chegou a actuar Anthony Blake e outros artistas menos famosos) e despois houbo o restaurante Isla Pancha (con un fóra de serie como Manolo de cociñeiro) están facendo unha importante reforma para convertilo nun novo lugar para comer ben en Ribadeo, concretamente no chamado cruce do Voar.
Comentáronme que os arriscados empresarios (nestes tempos é toda unha aventura abrir un negocio de hostelería) son os primeiros propietarios do restaurante Casa Pepe, que estaba na parroquia ribadense de Cubelas (todo o mundo lle segue chamando así aínda que o nome oficial é Covelas). Con esa dirección empresarial é probable que o novo restaurante funcione tan ben polo menos como Casa Pepe. Espero que sexa un éxito e xa estou ansioso por ir a comprobalo.
18/2/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario