6/4/09

PAPANDUXO (FRIOL)

O día da feira do queixo e do pan de Ousá (o 29 de marzo) estivemos en Friol. Mercamos queixo e pan e despois comemos no restaurante Papanduxo, un sitio ó que me apetecía ir dende hai tempo pero non xurdira a oportunidade. Coa desculpa da feira, e precisamente por iso, reservamos con unha semana de antelación, pero a comida non foi tan satisfactoria como esperaba.
Gustounos o local, o entorno e a preparación e presentación da comida, pero houbo erros no servizo, que serían casi imperdoables senón fose porque entendo que estaban totalmente saturados pola gran cantidade de clientes que tiñan.
Antes de comer tomamos un viño no bar e non nos deron tapa (nin un pincho) e despois no comedor tamén se olvidaron do aperitivo, que si vimos noutras mesas. Serviría ese aperitivo, que non nos puxeron, para compensar un pouco a longa espera en traernos os primeiros platos, igual que ocurriu cos segundos (os meus chipiróns chegaron á mesa fríos) e peor aínda cos postres.
Eso si, os platos estaban moi ben preparados (os postres son impresionantes) e o persoal é agradable, sobre todo a camareira. Por iso volveremos ó Papanduxo, pero procuraremos que sexa nunha xornada máis tranquila en Friol para que poidan atendernos mellor.
Casualmente o día antes de comer no Panpanduxo ceamos no Parador de Ribadeo. Escollimos o menú do 80 aniversario, que está mellorado respecto ós meses anteriores porque agora o plato da degustación que escolle o cliente é máis abundante que os outros sete incluidos. Quedamos encantados coa comida e co servizo e, polo tanto, volveremos este mes para probar o menú de abril do 80 aniversario dos Paradores de Turismo.

No hay comentarios: