21/6/09

LA SOLANA (RIBADEO)

O mesmo día que tivemos a desagradable experiencia na Pizzbur de Ribadeo ceamos no restaurante La Solana, tamén da vila ribadense. Foi como pasar da noite ó día. A desculpa para ir a La Solana (un establecemento que cada vez me gusta máis) foi que estaban coas xornadas dos arroces. Na barra probamos tapas de arroz, que estaban moi boas, e despois ceamos calamares fritos, paella de marisco e arroz con pato. De postre tomei un postre de chocolate, do que non lembro o nome pero estaba moi rico. Gustounos todo e non pagamos demasiado para o que comemos.
E acabamos a noite tomando unha copa no Pica, establecemento da rúa San Roque que cada vez está máis de moda, aínda que deberían ter algún pacharán máis que o clásico Zoco (Las Endrinas, por exemplo). É unha suxerencia para os propietarios do Pica, xóvenes e polifacéticos empresarios de éxito en varios campos do mundo dos negocios.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Tomamos nota, je je....
Por certo, faltouche de postre arroz con leite e de música ambienta ARROZ ESTIWAR.........