8/7/09

EL MANJAR: UN ESTREPITOSO FRACASO

Nos moitos anos que levo utilizando a guía Gourmetour para elexir restaurantes é a primeira vez que me leva a un estrepitoso fracaso. O culpable foi o restaurante El Manjar, na Coruña, un local que figura no terceiro lugar dos mellores restaurantes da Coruña, segundo a última edición da citada guía. Por iso, e como xa estíveramos nos dous primeiros (Casa Pardo e El Refugio) decidín reservar para cear cun matrimonio amigo e fracasei estrepitosamente.
O servizo é pésimo, porque sobre todo o cociñeiro-relacións públicas (creo que tamén é o propietario do singular restaurante) é un maleducado, soberbio e prepotente, que non sabe atender ós clientes, entre os que soen estar o presidente do Deportivo, Lendoiro, e os seus fillos. E á camareira tamén lle chega bastante. Ó mellor é porque este restaurante ten un premio á mellor tortilla española, distinción que me fai partirme de risa, como outras parecidas. Pero para os que lles gusta a tortilla co ovo totalmente líquido, que non é o meu caso, está exquisita. Eu probeina e gustoume o sabor, pero tampouco é para tirar foguetes.
Tamén tomamos berberechos ó allo (nunca os probáramos antes), pementos de Herbón e bacallau ó pil-pil. Estos tres platos estaban ricos e ben preparados, pero de tódolos xeitos non merece a pena ir comer a El Manjar, porque ademáis da mala atención houbo outro detalle penoso: dos platos que aparecían na carta que nos entregaron non tiñan case ningún e, aínda que pareza incrible, a única carne que había (ou eso nos dixeron) era solomillo de boi.
E por si todos estos foran poucos motivos para non volver a El Manjar hai outros dous importantes: é bastante caro (sobre todo a famosa tortilla) e a decoración do local é un desastre.

No hay comentarios: