27/8/09

MÁIS ENCONTROS

E onte pola noite nova cea, neste caso en Ribadeo, con Juan, José Ramón e Marian. Os dous últimos foron pais hai tres meses máis ou menos e conseguimos facelos irresponsables durante unhas horas, cousa que a avoa materna imaxino que nos agradecería e incluso a pequena Mariña. Neste caso eleximos o Parador de Ribadeo para meterlle o dente ó menú degustación 80 aniversario deste mes. Eu sempre saio de alí a reventar, pero cun gin tonic toda a pesadez quedou esquecida cando ás dúas da madrugada me metín na cama. Coma sempre a comida gustóume e creo que ó resto tamén. O mellor de todo foron as risas que botamos falando dos malos e regulares hoteles nos que algúns caimos algunha vez; a puntilla que lle sacamos a algún prato e as lembranzas doutros encontros deste verán en Ribadeo que tiveron moita chicha, ademáis dalgún fin de ano que pasamos xuntos y que nos deixou anécdotas para escribir un libro. En resumen ¡qué viva la fiesta y el cachondeo!. Onte tamén tivemos tempo para ir á praia e darnos un baño. A auga estaba espectacular e a temperatura ó saír tamén.

No hay comentarios: