24/8/09

MARINERO, O POLIVALENTE

No que vai deste verán estivemos dúas veces comendo no restaurante Marinero, de Ribadeo, e comprobamos que cada vez cociñan mellor e que é un establecemento polivalente. Serve para unha cea de picoteo (con platos como tortilla de pataca, navallas e chourizos a sidra) como fixemos Carmen e máis eu. Saímos encantados porque todo estaba rico e pagamos pouco.
E, sobre todo, vale para tomar bos productos do noso mar a prezos asequibles, como percebes, nécoras, boi de mar e bonito do norte, que foi o que comemos no Marinero cando viñeron a visitarnos uns amigos andaluces un dos poucos días de chuvia deste mes de agosto, polo que non puidemos mostrarlles moito máis que a gastronomía da zona. Quedaron, e quedamos, encantados coa comida, que rematamos con uns chorizos á sidra, e regamos con un par de botellas de albariño.

No hay comentarios: