6/8/09

MARISCADA NO MESÓN DE ALBERTO

Para celebrar un importante logro laboral invitáronnos a comer nun dos mellores restaurantes de Lugo capital: o Mesón de Alberto. O anfitrión empeñouse (e de tanto aporfiar non hai que se resista) en pedir marisco, pero antes probamos unhas croquetas, que estaban ricas, e uns fritos de rape, que me gustaron aínda máis.
De segundo tomamos a típica barca de mariscos do Mesón de Alberto, que leva percebes (pequenos), cigalas, vieiras, nécoras, boi e centolo.
E de postre eu elexín piña natural, que me gusta moito e sorprendentemente non a hai en moitos restaurantes, porque nalgúns seguen ofrecendo piña en conserva.
Todo estaba moi bon, pero pareceume caro. Xa levábamos tempo sin comer no Mesón de Alberto e saín coa sensación de que a relación calidade-prezo é mellorable, porque a comida está boa e o servicio non é malo, pero para ter esos prezos tiñan que ofrecer algo máis.

No hay comentarios: