15/11/09

CARNES NO MESON DO CANEDO

Lugo xa ten outro restaurante de categoría, ideal sobre todo para comer carnes preparadas á brasa. Chámase Mesón de Canedo, está pouco despois de cruzar a ponte romana e foi remodelado recentemente polos novos propietarios do establecemento, que está atendido por xente nova pero profesional.
Xa estivemos dúas veces no Mesón do Canedo e comín carne, porque é a especialidade do local, ademáis do pulpo en varias preparacións, e porque apenas teñen oferta de peixe na amplísima carta deste restaurante-brasería. Pero sí teñen unha grande variedade de tortillas, revoltos, ensaladas e outros entrantes, entre os que destacan o pulpo ó estilo tradicional, pero tamén á plancha e noutra preparación máis orixinal: rebozado tipo tempura.
Pero, para min, o mellor do Mesón do Canedo son as carnes á brasa. Xa probei varias nun surtido (gustáronme sobre todo o secreto de porco ibérico e a costela), pero aínda me deixou moito máis satisfeito a espectacular paletilla de cordeiro que comín este pasado sábado. Estaba xusto no punto que a min me gusta e con un sabor exquisito. Poucas veces probei un cordeiro tan rico, lembroume o que comín xa a tempo no asador Coto Real, de Rábade, que é un dos mellores restaurantes que coñezo para comer carne.
Antes do cordeiro compartimos unha ración de pulpo rebozado (insípido) e unha espectacular tortilla de pataca, chourizo e pemento, que estaba moi sabrosa pero pouco feita (para o meu gusto) e no seu punto para os admiradores da tortilla estilo Betanzos, que estou descubrindo que son moitos.
E para rematar as dúas veces que estivemos no Canedo tomamos unha fondue de chocolate con froitas de tempada, postre que está moi ben, que é fácil de preparar, pero que non é habitual ver nas cartas dos restaurantes. Tamén probei a tarta de galleta e chocolate, pero non é das mellores que comín (e xa levo probado unhas cantas).
Tamén teño que destacar o servizo, que é profesional e atento, e a decoración do local, que é moi agradable.
Por todo isto o Mesón do Canedo xa é outro dos nosos restaurantes de referencia, especialmente para os días nos que apetece comer carne.

No hay comentarios: