22/12/09

LONGA COMIDA NO JORGE I

Despois de moitos anos volvín comer no restaurante do hotel Jorge I, de Lugo, que rexenta a familia propietaria do Mesón de Alberto, un dos clásicos na gastronomía de calidade que hai na capital da provincia.
A comida foi con moita variedade de platos (como a min me gusta) e todos estaban ricos, pero destaco especialmente a empanada de vieiras, o lacón trufado e os longueiróns á plancha. Tampouco estaban mal as croquetas de marisco, o melón con xamón, os langostinos á plancha e o sargo á parrilla, que foi o que comin eu de segundo plato.
Tamén me gustou moito o viño (ribeiro Viña Mein), porque é un dos meus blancos preferidos e ademáis estaba servido na temperatura ideal para min.
O servizo e o trato dos camareiros foi excelente e ademáis a compañía era moi agradable, polo que quedei encantado desta comida no Jorge I, que se prolongou ata as sete da tarde.

No hay comentarios: