29/12/10

TENDAS NOVAS EN RIBADEO

Aínda que a crise e outros motivos fan que pechen algúns establecementos en Ribadeo tamén abren outros novos e algún moi interesante, polo menos para min. É o caso dunha tenda de productos de calidade, tipo gourmet, que está a piques de inaugurarse na rúa Vilalba. Chámase "La Alacena del Gourmet" e aínda que non estaba totalmente rematada a montaxe xa poidemos ver como é, que productos ten e demáis detalles que nos ensinou onte o seu dono, que é o polifacético empresario ribadense Juan Edrosa. A cousa ten moi boa pinta e xa atopamos varios motivos para ser clientes da tenda, como algúns viños (sobre todo Ribeiro) e algunhas lambetadas. Está moito mellor, por calidade e por variedade, que outros establecementos do mesmo ramo que xa hai en Ribadeo.
E na avenida de Asturias abriu onte unha tenda propia a cadea de textil-fogar Revitex, que antes tiña un establecemento franquiciado na mesma rúa, local no que agora hai outro comercio con productos parecidos. Na tenda de Revitex, que ten unhas ofertas de apertura moi interesantes, aínda non estivemos pero temos previsto pasarnos por alí hoxe para darlle a lata un pouco á nosa amiga Sonia Rego.

No hay comentarios: