2/3/11

COTILLEOS VARIOS

Hai un montón que non escribimos nada no blog, ousexa que vou facer un repaso rápido. O 19 de febreiro xogaba o Breogán en Lugo e fomos ao baloncesto e disfrutamos porque gañaron. Alí vimos ao ex adestrador breoganista Paco García, que tampouco está xa nas filas do Ourense e a un histórico do Oar Ferrol coma Anicet Lavodrama. Ambos saudáronse e compartiron parte do partido. Por certo que unha filla de Lavodrama causou sensación na pasada pasarela Cibeles, nunha das seccións, polo seu físico e polo seu xeito de desfilar con só 16 anos. Ese día ceamos con Nuria en la Bodega de Pedro e despois tomamos unha copichuela en La República. O 20 de febreiro saimos de cea por Ribadeo con Miguel e con Sonia e voltamos ao Lar de Manolo. Xa había tempo que non íamos por alí e a experiencia estivo moi ben. E a pasada fin de semana fomos a Navia ao fisio (o venres) e despois a disfrutar das xornadas da mini cociña de A Dorada do Cantábrico. Como di un coñecido torero "en dos palabras, im-presionante". O sábado en Lugo fomos de concerto ao auditorio Gustavo Freire. Alí cantaba David Bustamente e aínda non sendo seguidores deste home mereceu a pena, porque en directo non defraudou senón todo o contrario e enrollóuse moi ben co público. O público era maiormente feminino, pero tamén había noivos, maridos, avós, etc, etc... o concerto rematou tarde e picamos algo nas Termas nun novo restaurante de pasta e pizza que abriron alí e que se chama Green. Podedes ter a opción en conta porque está moi ben. E agora en Ribadeo preparámonos para a cea de comadres, que organizou para o venres o restaurante A Dorada do Cantábrico, só para mulleres e seguida dunha sesión de tuppersex. Seguiremos contando.

No hay comentarios: