22/6/11

ADEUS ARDE LUCUS

O Arde Lucus levou a pasada fin de semana a Lugo a milleiros de persoas. Os hoteis estaban completos e comer ou cear era complicado agás que te dirixises ao extrarradio ou que reservases con moita antelación. Nós o venres non fomos porque tivemos sesión de fisio en Navia e o sábado accedemos en coche á praza de Santo Domingo e puidemos disfrutar do colorido da festa. Pola noite ceamos con Nuria no restaurante Terras do Miño, á beira do río Rato, e fixémolo tranquilamente, porque aínda que algún romano ceaba por alí... a festa discorriu con calma. E despois tomamos unha copa no Morrigan. O único que fallou ese día foi o tempo, sol sí, pero frío tamén. De feito os bonitos traxes que todos levaban deslucían un pouco coas chaquetas, abrigos e demáis... pero é que doutro xeito non era posible aguantar. E o domingo pola mañá almorzamos nunha terraza en plena praza Maior de Lugo e vimos o desfile que protagonizaron os colexios, pais, nais, nenos, nenas e profesores luciron as súas mellores galas romanas ou castrexas. Alí puiden ver a Juan Carlos Rodríguez, o director de Hoy por Hoy Lugo da Cadena Ser e a outras caras coñecidas das que agora non lembro porque eran moitas, moitas. Disfrutando da festa estaba tamén a televisiva Silvia Jato, xunto á súa familia e tamén puidemos ver a algún mariñán, coma o edil do PP do Vicedo, Alberto Iglesias. Xa na rúa da Raíña atopamos e charlamos co coñecido xornalista Ernesto Sánchez Pombo, un namorado de Lugo, do Vicedo e da Mariña e tamén ao presidente da Deputación, José Ramón Besteiro. O domingo sí que facía calor en Lugo, motivo polo que percorremos rápidamente a feira que se celebraba na praza Maior e que estaba fenomenal. O Arde Lucus é un dos mellores inventos dos últimos tempos para promocionar unha cidade e para conseguir que todo Lugo se bote á rúa ao igual que os milleiros de persoas que ano tras ano se dan cita nesta festa. Había italianos, portugueses, etc, etc... Lugo estivo moi presente nos medios de comunicación audivisuais, houbo directos e reportaxes na TVG, en Antena 3, en La Sexta e imaxino que no resto. Bravo pola organización!!!! Un ano deste vestiremos de romanos, eso seguro.

No hay comentarios: