15/6/11

DE SAÚDOS E BAILES

A fin de semana en Lugo deu para moito, para saudar a moita xente á que había tempo que non vía. Aos nacionalistas Branca Rodríguez Pazos e Xosé Anxo Laxe, aos socialistas Luis Angel Lago Lage, Luisa Zarzuela, José Ramón Gómez Besteiro, aos populares Enrique Rozas, Arcadio Silvosa e Angeles Teijeiro e tamén ao alcalde da cidade, José López Orozco, entre outros. Vin e saudei a compañeiros de profesión como Camilo Friol, Elvira Álvarez, Silvia Pena, Pepe Seijo, Amparo Roca, Mónica Santos, Daniel Portela e Paco Rivera. Vamos que recordei os anos de traballo que pasei na cidade que me viu nacer desde 1990 ata 1999. Despois unha marchou para a Coruña ata o 2007 e comecei xa o 2008 en Ribadeo. O sábado a mediodía tomamos os viños no centro de Lugo, fomos de compras e pola noite ceamos con Nuria en La Oca, un dos locais que sempre está de moda en Lugo e un dos que ten a carta máis ampla que vos podades imaxinar. E despois fomos ao Café Bar Centro na praza Maior porque sempre ten actuacións en directo. Nesta ocasión a protagonista foi a música clásica. A min gustóume moito, pero ao resto dos habituais de sempre do local non, sobre todo aos marchosos que se sentan nas primeiras mesas e que querían aproveitar un sábado máis para bailar. De retirada atopamos na rúa a Luis Pérez, director de Correo TV e a José Manuel Vila Chantres, que é ou foi conselleiro asesor da Fundación Azkar e falamos sobre todo de pizzas, dunhas moi boas que fan na rúa Miguel de Cervantes en Lugo. O domingo fumos almorzar e ler tranquilamente os xornais ao Gran Hotel e alí vimos ao deputado nacionalista no parlamento galego Bieito Lobeira. E xa que falamos anteriormente de bailar eso foi o que fixemos Sonia e máis eu no Ribanzo en Ribadeo o domingo pola noite. Ao final déronnos casi as tres da madrugada. Primeiro ceamos e despois démoslle ao baile de lo lindo. A verdade é que o pasamos pipa, haberá que repetir. As caipiriñas, coma sempre, impresionantes.

No hay comentarios: