19/7/12

GANAS DE SOL

Todos temos moitas ganas de sol estes días. O martes, como xa anunciei, finalmente puiden disfrutar dunha fantástica tarde de praia. Cundíume porque tomei o sol, botei unha cabezadiña e bañeime ¿qué máis de pode pedir? E digo que todos temos moitas ganas de sol porque puiden ver e atoparme con moita xente. Por alí estaba un asidou da costa luguesa,o xornalista de La Voz de Galicia José Mª Palacios, con quen departimos durante un tempo. Paseando polos areais andaban tamén os alcaldes de Trabada e de Lourenzá, acompañados de amigos e familiares. Tomando o sol e disfrutando das espléndidas augas do Cantábrico estaba o coñecido cantante lucense Varela, coa súa compañeira artística María, que pasaron a tarde acompañados doutra xente. Varela e María actúan con frecuencia no Café Bar Centro de Lugo e no verán tamén ofrecen concertos na Mariña. Foron unhas horas que deron para moito, porque tamén vimos a funcionarios do Concello de Ribadeo e a empresarios desta vila. Onte en Ribadeo houbo sol pola tarde e foron bastantes os que se achegaron ás praias de Os Bloques e Rocas. Nós aproveitamos para facer recados pendentes e para traballar.

No hay comentarios: