8/8/08

ATASCOS NAS CATEDRAIS

Segue habendo atascos na estrada costeira de Ribadeo ó seu paso polas inmediacións da praia das Catedrais. Ónte á tarde houbo momentos de bastante caos, porque moitos pasan olímpicamente das sináis que prohiben aparcar á beira da carretera e deixan alí os coches aínda que teñan sitio nos aparcamentos habilitados. Por certo, o novo está prácticamente acaparado por autocaranavas que acampan alí. E tamén hai moita xente que circula por dirección prohibida. Hai que aumentar a vixiancia da Garda Civil ou da Policía Local nese lugar, sobre todo cando a marea está baixa (é cando hai máis visitantes na praia), porque poñer sináis non serve de moito se ninguén vixia se as respetan ou non.

1 comentario:

agremon dijo...

Ó mellor, se a polcía/garda civil se pxera ó principio do camiño en troques de facelo nunha desviación...