7/8/08

LUCKY VOLTA A RIBADEO

Lucky é como coñeciamos a xente da súa xeneración (fomos compañeiros de colexio) ó mariñeiro ribadense Luis López González, que desapareceu fai dous anos cando navegaba no pesqueiro de Celeiro Minchos IV. Despois de moito sufrimento para a súa familia, agora parece que si poderán enterrar o cadáver de Lucky en Ribadeo, gracias ó empeño da súa filla que removeu Roma con Santiago ata lograr o apoio da Fundación Herederos de la Mar, que lle axudou nas xestións para recuperar o corpo do seu pai. Pero tamén quere saber por que desapareceu seu pai, que ocurriu no barco ese día e como fai parar ó mar. Sería interesante coñecer a versión dos mariñeiros que navegaban ese día con Lucky e tamén da empresa armadora. Sería interesante coñecer as súas versións dos feitos.
E outro desexo: que Lucky descanse dunha vez en paz cerca da súa familia.

No hay comentarios: