4/8/08

Cea decepcionante (pola comida)

O sábado ceamos en Lugo con Nuria, lucense que empeza hoxe as súas vacacións na Devesa (Ribadeo). Despois de saír sin rumbo fixado e deliberar no coche (como é habitual) decidímonos polo Rincón de Santos, restaurante no que xa estiveramos varias veces, sempre con resultado satisfactorio. Pero neste caso non foi así, porque a comida que eleximos tiña varios aspectos mellorables: as ameixas do salteado parecía que estaban ultraconxeladas dende o século pasado e algunhas das racións non eran precisamente abundantes. Nembargantes estaba bastante boa a sangría (aínda que, para o meu gosto, non chega ó nivel da que fan en La Oca) e moi bon o mousse de chocolate. E, por suposto, o trato do persoal excelente, coma sempre. Nótase que son profesionáis da hostelería experimentados. Por iso haberá que darlles outra oportunidade polo menos.

No hay comentarios: