4/8/08

Hospital Xeral de Lugo

O venres despois da visita da conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, a Ribadeo, acto no que estivo presente Carmen Cruzado en representación de Faro Norte Comunicación (http://www.faronorte.es/), recollemos as tarxetas para a homenaxe ó xornalista Javier Rivera (será o día 8 con unha cena no Almacén, en Cervo) e viaxamos a Lugo. Á capital da provincia imos para visitar a Marujita, Andreíta e familia e comprobo (unha vez máis) que o Hospital Xeral segue sendo o escenario axeitado para rodar unha película da Segunda Guerra Mundial. Está vello, descuidado e con mobiliario destartalado. Menos mal que o persoal (a maioría) é amable e trata con dedicación e cariño ós doentes, segundo me contan. Pero ou axilizan a apertura do novo hospital (vai ser difícil velo en funcionamento en breve) ou que doten de novo mobiliario ó que hai, porque esas camas, armarios e sofás que hai nas habitacións son prehistóricos e terceiromundistas.

No hay comentarios: