11/8/08

CEA E TURISMO RURAL EN CERVO

O venres pola noite no Almacén, de Cervo, participamos na homenaxe pública ó xornalista Javier Rivera. Como xa esperaba, foi un evento moi distinto á despedida de compañeiros que houbera a noite anterior en Burela. Houbo moita xente (máis de 100) e unha gran parte dos participantes eran políticos (moitos do PP e do BNG e menos do PSOE). Moitos discursos e un disgusto, porque faleceu o pai dun dos asistentes (o concelleiro cervense Antonio Basanta) que se enterou da triste nova durante a cea e polo tanto tivo que irse apresuradamente. Con el abandonou tamén a cea o seu tío Ángel Fernández Vézquez (presidente de Armadores de Burela), que estaba sentado enfrente de nós. O máis divertido foi a intervención do alcalde de Burela, Alfredo Llano, que nos ofreceu un breve espectáculo de maxia no que fixo desaparecer un pano vermello, casi coa mesma maestría que o fai o seu amigo o mago Antón.
Despois da cea probei a queimada feita por Mon no Muiño, antes de irnos a pasar a noite a casa de turismo rural Campo da Cruz, en Viladesuso (Cervo), establecemento que rexenta a faladora Paca, hosteleira moi coñecida na zona. A relación calidade-prezo é mellorable. O que máis nos gustou foi o almorzo, polos productos que poñen e polo lugar onde o serven.

No hay comentarios: