11/8/08

CHOVE NA MARIÑA

Hoxe é día de estrea para min neste blog. Unha xornada na que vou escribir pouco porque este luns de momento non deu para moito. Despois de pasar a fin de semana en Lugo, onte voltamos a Ribadeo e achegámonos a Barreiros. O que presenciamos ao anoitecer foi unha treboada tremenda que colleu a uns poucos por sorpresa e os más previsores que viñeron a disfrutar dun domingo de lecer marcharon cedo para evitar a chuvia e as largas retencións que as fins de semana de verán se rexistran desde San Miguel ata o cruce da Espiñeira. Longas colas e poucos axentes de tráfico vixiando e axudando a que a circulación sexa máis fluida.
A chuvia veu a deslucir a verbena de Vilaframil, imaxino que as festas de Foz, o remate do mercado medieval de Mondoñedo...... Pero ¿qué sería dun verán na Mariña de Lugo e en Galicia sen algo de chuvia, sen paraugas, sen chubasqueiros, sen néboas...? Pois que non sería un verán de verdade, dos de aquí.
As previsións do tempo non son moi boas para estes primeiros días da semana ousexa que haberá que adicarse a descansar e a durmir un pouco polas tardes, a quedar cos amigos para tomar un café, unha caipirinha ou o que se tercie. Marcho, pero ameazo con voltar.

No hay comentarios: