Por obrigas familiares sanitarias onte comín en Burela cos meus pais. Eleximos a Parrillada Don Chuletón, que estaba a tope e para aparcar o coche dimos unhas cantas voltas e acabamos deixándoo bastante lonxe. Moitos dos clientes eran turistas, que estaban degustando a gastronomía típica desta terra. Pero tamén había persoeiros da zona, como o armador burelés Paco de Nieto, famoso dende a "guerra do bonito" e que voltou a sair moito nos medios de comunicación hai uns meses por ser un dos líderes das movilizacións dos pescadores pola crise do sector.
Comemos pulpo, que picaba bastante pero estaba bon, e parrillada de peixe, que tamén nos gustou, porque estaba ben feita e con bastante variedade, incluso tiña bonito (supoño que sería de Burela). Atendeunos Pepe e, coma sempre, tratounos moi ben, a pesar de que estaba a tope de traballo. Por todo iso a Parrillada Don Chuletón segue sendo para min un referente para comer ben en Burela.
E ceamos con Marian e José Ramón (Achu) en Ribadeo, concretamente no Tranvía, un pequeno local con moito encanto que está na rúa San Roque e no que sempre que imos hai moita xente. Onte non foi unha excepción. Menos mal que tiñamos reservada unha mesa. Comemos tortilla de pataca, croquetas de xamón, tabla de embutidos e queixo, mexilóns recheos, e miniaturas de solomillo, torta del casar e pemento. E de postres flan de queixo, mousse de chocolate e a copa tranvía (leva xeado de moka e macedonia). Todo estaba moi rico e saimos a reventar. "¡Que enchenta!", dixo José Ramón.
Para rematar tomamos unha copa no Molino Pub, local no que non estabamos dende había moito tempo e que nos fixo lembrar cando eramos aínda máis xóvenes. Coa recente remodelación-ampliación quedou moi ben e convertiuse nun local agradable para tomar a primeira copa da noite e tamén a última. Estivemos co xerente do establecemento, Juan Edrosa, o que é un logro, porque nesta época resulta máis difícil falar con el que co presidente do goberno. Tamén vimos por alí a outro xoven empresario de éxito en Ribadeo: Roberto do Mariñeiro.
20/8/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario