22/8/08

VISITA EN FARO NORTE COMUNICACIÓN


Como o día non era moi axeitado para disfrutar da praia, recibimos onte a visita da familia Cruzado Iglesias ás dependencias de Faro Norte Comunicación e Andreíta aproveitou para facer as súas primeiras prácticas como futura xornalista (vese na foto xunto á sua madriña). Despois fomos comer ó restaurante A Dorada, de Ribadeo, que estaba a tope de xente, aínda que o seu propietario, Miguel, sempre se está queixando das consecuencias da crise, que dende logo onte non se notaban no seu establecemento.
Todo o que comemos gustounos: croquetas (de contido descoñecido, pero que estaban boas), ensalada mixta, choquitos, parrochas, salpicón de marisco e calamares. Pero non puidemos probar o lacón por causas misteriosas sin aclarar. De tódolos xeitos, xa estabamos repletos e polo tanto casi agradecimos a extraña desaparición do lacón. E de postre: o tiramisú en copa que poñen na Dorada e xelados.
Despois café na Cantina e compras en Deportes Docobo, El Zoco, La Moda, Guay, hipermercado Eroski e algún máis que non lembro. Tamén quixemos mercar algo nos Irmandiños, pero teñen un horario un pouco raro e cando chegamos alí xa estaba pechado. Outra vez será.

No hay comentarios: