19/8/08

¡QUÉ ESTRÉS!

Está claro que o verán, as vacacións, as xuntanzas coa familia e cos amigos non lle sentan ben a todo o mundo. Si hai uns días presenciabamos estupefactos o ocorrido nunha gasoliñeira da zona onte tamén flipei un pouco nun supermercado....... no que unha rapaza lle acabou protestanto á caixeira porque a súa compañeira a mandou cambiar de cola e ao cabo duns minutos púxose de novo a cobrar. E todo porque só levaba un par de cousiñas e tivo que agardar 30 segundos non máis a pasar pola caixa. Habelos hailos, coma as meigas, que a montan por todo. O caso é queixarse. ¡Qué estrés!!!!!
Xa falaremos e ilustraremos con algunha foto as fantásticas mareas vivas que se poden ver estes días na costa luguesa e que obrigaron a máis de un a cambiar de lugar en varias ocasións e ata marchar a outra praia. Pero eso será cousa de Beni.

No hay comentarios: