18/8/08

COMIDAS Á BEIRA DA PRAIA

Estes días comemos no restaurante A Ribeira, que está á beira da praia de Fontela, en Benquerencia (Barreiros), que é o areal da zona que máis me gusta. A Ribeira é un lugar para comer ben por pouco diñeiro. Teñen un menú con catro ou cinco primeiros e outros tantos segundos, ademais de varios postres. É comida caseira (menos os postres) ben feita e, para o meu gusto, destacan platos coma os fideos con ameixas, os callos e o cordeiro. A atención é boa porque teñen persoal con experiencia, que leva anos (nalgúns casos, moitos) traballando no local, o que é moi bo sinal. En definitiva, o restaurante A Ribeira, de Benquerencia, é un bon lugar para comer platos tradicionais mirando ó mar e sin gastar moito diñeiro.

No hay comentarios: