5/8/08

Ribadeo, a rebosar

Ribadeo está cheo de xente estes días. Hai hoteis que non teñen unha soa habitación libre e noutros aínda quedan algunhas, pero a maioría están traballando ben. Nas rúas, nas terrazas e no interior dos establecementos de hostelería hai moitos turistas. En zonas como o porto ou as inmediacións do faro da Illa Pancha vense tódolos días varias autocaravanas, a maioría delas procedentes de Italia e Francia, pero tamén hai algunhas de diferentes lugares de España. Aparcar o coche é complicado en calquera rúa do centro de Ribadeo e hai retencións de tráfico frecuentes, atascos nos que se vota en falla máis presencia de axentes da Policía Local. Así está Ribadeo hoxe, polo que parece que este mes de agosto vai ser parecido ós de anos anteriores, sin que se note tanto a crise como en xullo. Para iso tamén será importante que o tempo acompañe. De momento, non nos podemos queixar, porque isto non é Marbella, nin falla que fai.

No hay comentarios: