6/8/08

Praia en Barreiros e cea en Rinlo

Onte foi día de praia en Barreiros, concretamente en Altar, que estaba a tope de xente, como si fose un domingo. Estes días estou vendo máis xente na zona incluso que en anos anteriores por estas datas. É unha sensación, porque non teño datos. De camiño a Barreiros pasamos pola estrada das praias de Ribadeo e vemos o aparcamento recentemente creado nas Illas a medio segar e nas inmediacións das Catedrais está repleto de coches e de autocaravanas. Aínda que os aparcamentos habilitados que hai non están cheos moita xente segue deixando o coche na beira da estrada, o que dificulta o tráfico. Alguén terá que tomar medidas en serio para evitar esta situación.
En Barreiros o tema dos aparcamentos xunto ás praias está ben resolto dende hai anos, pero aínda así hai problemas á hora de circular pola estrada costeira debido a que algúns deixan o coche onde lles peta (no medio de tanta xente sempre hai algún irresponsable).
Magnifica tarde de praia con sol e a agua perfecta: limpa e con boa temperatura.
Pola noite logramos mesa para cear na Cofradía de Rinlo (o que non é fácil nesta época do ano). Vamos con Nuria, lucense que veranea na Devesa (Ribadeo) dende hai moitos anos pero sorprendentemente nunca comera na Cofradía. Carmen e máis eu tivemos tamen unha experiencia novedosa, porque ceamos por primeira vez na terraza, aproveitando que a noite estaba estupenda. Comemos berberechos e ameixas, que estaban espectaculares, e o arroz de marisco coma sempre, para Carmen incluso mellor que noutras ocasións. Do pan non comento nada. Tamén coma sempre Gerardo, Juan Ramón e o resto do persoal fannos sentir coma se fósemos algúns dos persoeiros famosos que atenden con frecuencia. Por iso non extraña que, con crise ou sin ela, a Cofradía de Rinlo estea a tope tódolos días ó mediodía e á noite. E iso que cada vez é máis difícil aparcar cerca do restaurante, porque a rúa de acceso ó porto está pechada (en pleno verán) por unhas desas obras públicas que sempre duran moito máis do previsto sin que ninguén dea explicacións convincentes dos motivos.

No hay comentarios: