1/8/08

Visitas a Ribadeo

Hoxe en Ribadeo están de actualidade as visitas de onte e as desta tarde. Onte estiveron na vila ribadense o presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, quen non estivo moi afortunado nalgunhas das súas declaracións sobre a terminal de carga de mercadorías que pretenden construir no porto comercial de Mirasol. Calificou de festivas e folclóricas as protestas veciñais contra esa iniciativa, o que seguro que servirá para provocar ó persoal e facer que algún máis se anime a participar na manifestación que está convocada para o día 10 de este mes, domingo, pola asociación de veciños O Tesón e a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo.Tamén estiveron onte na vila ribadense o conselleiro de Industria, Fernando Blanco; o máximo responsable de Begasa e o da empresa pública Sepes para asinar o convenio para a subestación eléctrica que dará servizo o futuro polígono industrial de Ribadeo. Despois de asinar o acordo tamén firmaron no libro de honra do Concello, aínda que pouca honra merece en Ribadeo (polo menos de momento) o presidente de Begasa, porque o deficiente servizo que nos da a súa empresa complícanos bastante a vida con moita frecuencia.Esta tarde quen visita Ribadeo é a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, quen tamén ven a anunciar investimentos neste concello. A ver si se concretan canto antes. Esperaremos e veremos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A prepotencia non é o mellor vehículo para lograr algo, pero parece que o Presidente de Portos de Galicia non o sabe. Ten que aprender moito de outros que traballan doutra forma (e ademais sin levantar moito a voz).
Goles do partido (no primer tempo): Ribadeo (tamén Castropol, Vegadeo, O Principado, as asociacións,o pobo en xeral): 1 ---- Portos de galicia: 0

Dani.