3/9/08

AO MAL TEMPO BOA CARA


Onte viaxe a Lugo de ida e volta en poucas horas e teño que contar que hai obras na estrada N-640 esa que une Barres con Vilagarcía, no tramo entre A Pontenova e Meira. A verdade é que lle facía falla porque ese vial está moi deteriorado, pero haberá que armarse de paciencia porque o tráfico estáse a regular e eso ralentiza un pouco a circulación. Non está esa estrada para as presas agora mesmo.
En Ribadeo esta noite choveu e moito, en Burela dinme que pola mañá cáseque diluviaba e en Lugo o día non estaba mellor, por eso vámoslle poñer ao mal tempo boa cara, e vou colgar unha foto destas noites de verán das que xa falamos moito aquí. Aí estabamos: Marian, Jose, Beni e unha servidora, ademáis de Carmen Méndez que foi a encargada de inmortalizar ese momento no Ribanzo.

No hay comentarios: