25/9/08

AVISO


Esquecínme dunha cousa, ainda que xa a confirmarán as autoridades competentes, pero esta fin de semana din que durante un día ou día e medio, vai estar pechada a Ponte dos Santos para realizar unha proba que confirme a estabilidade da infraestructura que foi ampliada, xa que por ela pasará en breve a A-8. Ao parecer si alguén quere ir a Oviedo o sábado desde Ribadeo terá que facelo por Vegadeo ou A Veiga coma se facía antigamente.
As obras son así, son boas porque supoñen un avance, pero hai que soportalas mentras duran. Eu esta fin de semana vou en dirección contraria á Ponte dos Santos, pero xa digo, imaxino que confirmarán a noticia en breve.

No hay comentarios: