Espectacular tarde de praia a que tivemos hoxe en Reinante onde atopamos "fauna humana" do máis variopinta: hippies, orientais e moitos mariñanos, entre os que estabamos nós. Pola mañá cedo xa se vía que o día de hoxe prometía e así foi. Na miña viaxe a Burela xa puiden ver xente nas praias en Fazouro e tamén en Nois cerca do mediodía e esta tarde media ducia de autocaravanas disfrutaban da paisaxe e do sol na praia das Catedrais. Eran cidadáns franceses a maioría.
Pola estrada da costa cada vez hai que ir máis prudente e máis pendente de algo que me molesta moito e que son os camións que van a máis velocidade da permitida e que pretenden intimidarte pisándoche os talóns. Da igual que vaian cargados ou baleiros porque para adiantalos ou seguilos hai que ir tan tolos coma eles. E unha pregúntase sempre o mesmo ¿onde está a Garda Civil de Tráfico? porque sinceramente circulo bastante e poucas veces a vexo por non decir ningunha. A primeira hora da tarde cando saíamos para praia na rotonda do Voar un xoven déulle unha volta a toda velocidade, as rodas cantaban coma as películas de polis e cacos. De policías poderíamos falar moito e de sucesos tamén, dos moitos que se están a producir en Ribadeo estes días, segundo conta a xente na rúa, porque eu nos periódicos non lin nada e nas radios tampouco o escoitei: que si roubos en pisos do centro, que si detención dun focense por acoso sexual, que si algún alucina na gasoliñeira...
No hay comentarios:
Publicar un comentario