28/9/08
DE CONVENCIÓN EN COMPOSTELA
Na tarde-noite do venres participei, como xa avanzou Carmen, na cuarta convención de traballadores de Onda Cero en Galicia, que contou con un invitado estelar: o director de emisoras da cadea de radio do grupo Antena 3, ó que chaman Marce. Deixou a imaxe dun tipo serio e divertido ó mesmo tempo (segundo as circunstancias, os lugares e os momentos) e nun momento da reunión comentou que coñece ben a Costa de Lugo e o Occidente asturiano. A convención serviume tamén para coñecer a novas compañeiras xornalistas, como Lara Vivero e María Teijeiro, e para ver a Praza do Obradoiro dende o balcón da Casa do Concello de Santiago, onde nos ofreceu unha recepción o alcalde, acompañado por outros membros da corporación compostelá.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario