Estou de aniversario, cumplo trinta e dez anos, aínda que as celebracións adianteinas ó pasado fin de semana, porque hoxe tiven que traballar. Foi duro, pero interesante, porque despois da noite de festa do venres en Santiago o sábado tivemos unha intensa xornada gastronómica. Comemos cos pais de Carmen no restaurante Lubre, de Lugo. De primeiro xamón de mangalica (son uns porcos de orixe húngara que teñen un pelo parecido á la das ovellas) e gambas ó allo e de segundo eu comín corzo. E para beber Don Bernardino, un amandi que é un dos meus viños preferidos. Todo estaba bon aínda que o servizo foi un pouco lento.
E pola noite ceamos con Mari, Jose, Nuria e María José no que hoxendía é o restaurante de cociña moderna máis prestixioso de Lugo e un dos mellores de Galicia no seu estilo: o restaurante España, que á carta é caro pero ten un menú degustación espectacular por 39 euros, bebidas aparte. Para empezar empanada de xoubas e crema de calabaza e despois: foie de pato con queixo do Cebreiro e mazá, cabala con pil-pil de limón, vieira con puré de pataca, mero, terrina de tenreira con arroz meloso e dous postres espectaculares, dos que non lembro os nomes. Todo moi rico e ben servido. Mereceu a pena, aínda que para beber elexín un Ribera del Duero que non me convenceu demasiado.
E o domingo comida na casa de meus pais a base de nécoras (impresionantes polo tamaño e polo sabor) e lomos de merluza en salsa de ourizos (do restaurante A Dorada), que estaba moi rica, coma sempre. A cea do España encantoume, pero esto foi outra historia, porque para min non hai casi nada (gastronómicamente falando) que supere a unhas boas nécoras e unha merluza ben preparada.
29/9/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario