O domingo pola noite Ribadeo estaba a tope de xente. Uns disfrutando da verbena e os máis novos da movida nocturna. Os coches aparcados chegaban ata a zona do Xardín e na rúa Diputación repetíronse esceas de hai tempo xa que os coches tiveron que estacionar enriba da acera e nalgúns casos facendo difícil a entrada e a saída das casas para os que vivimos nesa zona. Algo así xa ocorrera na Cabalgata de Reis. Ás veces hai que armarse de paciencia, pero os que aparcan dese xeito deberían pensar un pouco nos demáis, sobor de todo, que pensen nunha posible emerxencia ¿por onde ía pasar unha ambulancia, un médico....?
O venres, por certo, achegámonos ao Forte San Damián para ver á exposición "Percorridos" (na foto) e déume un pouco de mágoa ver como están as instalacións. A herba está alta e o inmoble precisa dalgún que outro amaño. Penso que a inversión non tería que ser moi grande, porque son básicamente arranxos relativos á pintura e ao coidado das instalacións. Un lugar cunhas vistas coma esas e que ademáis é visitado polos turistas debería estar un pouco mellor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario