Algúns vendedores ambulantes que veñen ós mercados dos mércores en Ribadeo estaban ocupando moito máis espazo do fixado e polo tanto do que pagaban. O Concello decidiu tomar cartas no asunto e regularizar a situación, pero aínda que pareza incrible algúns dos afectados protestaron enérxicamente nas oficinas municipais porque non queren pagar o que lles corresponde. Incrible, pero certo. Bastante sorte teñen, porque o Concello non lles esixe (imaxino que non pode) que abonen o que pagaron de menos durante moito tempo.
A ver si non pasa o mesmo coas terrazas dalgúns establecementos de hostelería (afortunadamente non son todos) que ocupan o que lles da a gana coas súas mesas e sillas e ás veces non deixan nin sitio para pasar pola beirarrúa. ¿Pagan toda a superficie de solo que ocupan?
5/9/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario