17/9/08

MAREAS VIVAS

Onte pola mañá traballo e pola tarde de novo escapada á praia, pero as mareas eran tan grandes, tan vivas, que nos Castros non había praia e tampouco nas Illas. Esa zona con paseo quedou agora moi bonita. Eu había moitos anos que non me achegaba por alí, pero creo que mereceu a pena. Dinme algúns que sí que está ben, pero que hai que coidar máis o césped. Alí, nas Illas, o pouco que quedaba de praia eran centos de pedras que batían unhas contra as outras coas ondas do mar. Seguemos percorrido, e en Esteiro pouca area e moita xente. Nas Catedrais moitas autocaravanas e moita xente paseando e chegamos a Reinante, e alí nos quedamos botando unha cabezadiña ao abrigo das rochas porque había nordés.
E hoxe non sei si haberá praia. En Ribadeo amaneceu con néboa, saiu o sol e agora está todo cuberto... pero como aquí nunca se sabe igual dentro dun cacho cambia o tempo outra vez.
Outra cousa que non contei estes días, porque me esquecín, é que de novo este ano ahí estaremos uns cantos apoiando ao Breogán de Lugo. Xa somos socios un ano máis. Veremos si nesta ocasión somos capaces de ascender á ACB... A peña Davis Forever estará no Pazo apoiando ou criticando (si fose necesario, como xa fixo noutras ocasións). Xa o diciamos hai uns anos "Con los Monchos a la LEB" e así foi. Con Paco García non sabemos que vai pasar de momento.

No hay comentarios: