16/9/08

PONTE DOS SANTOS


Como segue o bó tempo (polo menos en Ribadeo) onte pola tarde fixemos unha escapadiña para pasear a carón do mar e tomar un pouco o sol e fomos a Arnao na veciña Asturias. Non había praia porque a marea estaba alta (tal e como se pode ver na foto), pero a zona merece a pena polo ben cuidada que está, e porque nestes días nos que xa todo o mundo voltou á normalidade alí podes atopar moita tranquilidade, ademáis de ofrecernos unha visión completamente diferente da ría de Ribadeo.
O peor foi que estivemos coma un cuarto de hora para cruzar a Ponte dos Santos. Seguen as obras de ampliación da ponte que en nada será autovía e tocaba desmontar os aparellos empregados para esas tarefas... e alí quedamos estancados porque se ía dando paso alternativo aos que circulabamos en dirección Asturias e aos que viñan en sentido Galicia. Chámame a atención que esa ponte pola que vai pasar a A-8 poida ter paso de peóns. Paréceme un perigo por moito que se limite a velocidade na zona e por apuntaladas e fortes que parezan as barandillas que separan a estrada da acera. Da un pouco de vértigo pensar en camiñar por esa ponte á beira dos coches en plena autovía. Ojalá non teñamos que lamentarnos dentro duns meses.
E despois de Arnao demos un paseiño pola zona do faro de Ribadeo, onde nos atopamos co concelleiro de Economía, Vicente Castro... e con ducias de persoas de fora que seguen de vacacións e con bastantes ribadenses que disfrutaban do sol na praia de Rocas (ainda que area xa non había moita porque subira a marea). O verán de momento segue en Ribadeo, pero con moitos establecementos de hostalería pechados, pero claro, todo o mundo ten que descansar.

No hay comentarios: