5/9/08

NOITE DE VENTO

Non me estrana que esteamos en alerta laranxa no litoral galego, porque o desta noite en Ribadeo foi un temporal de vento e chuvia dos que temos de cando en vez no inverno. A min espertóume de madrugada o ruido do vento e esta mañá dende a ventá da nosa casa pódense ver as mazás, as peras e os limóns tirados no chan das fincas. O vento arrincou coas froitas en moitos puntos do municipio e con carteis informativos en lugares coma a praia das Catedrais. ¡Unha mágoa que o outono queira adiantarse!
Beni voltará a escribir en breve.... e digo en breve porque temos varias citas gastronómicas esta fin de semana que lle vai gustar comentar ademáis doutros asuntiños que ten pendentes, pero que non vou adiantar agora.
Onte pola tarde fomos dar unha volta ata Barreiros, e andivemos pola zona da ría dando un paseo e despois fomos buscar a Lagoa dos Patos, pero non demos con ela a pesares dos moitos carteis que atopamos polo municipio de Barreiros. Deixámolo para outra ocasión. En Reinante xa vimos tamén o cartel colgado na porta do Lusco e Fusco que nos dan as grazas aos que pasamos por alí este verán e despídense ata próxima temporada.... tamén está desmontada xa a pulpería Mario e a sidrería Pipos pecha as súas portas este domingo en Lóngara.
E pouco máis, que onte pola noite vendo a televisión lémbreime de dúas boas amigas: Nuria e Mª José, e non digo máis, porque xa saben elas de que vai o tema..... Y es que Miguel Ángel Silvestre es lo que tiene!!!!!

No hay comentarios: