5/9/08

E NON SE FOI A LUZ

Como xa contou Carmen, houbo moito vento esta pasada noite e a primeiras horas da mañá e non se foi a luz en Ribadeo. O suministro eléctrico seguiu funcionando con normalidade, polo menos na rúa Deputación, o que é noticia aquí. ¿Sería casualidade ou dende a empresa suministradora, Begasa, tomaron algunha medida despois das protestas que houbo cando ocurriron os últimos cortes? Porque en Ribadeo xa sufrimos moitos apagóns con situacións meteorolóxicas moito mellores que as das últimas horas. Queremos ser optimistas e pensar que os continuos cortes eléctricos en Ribadeo son cousa do pasado. Esperaremos, veremos e contarémolo.

No hay comentarios: