9/9/08

OS BAÑOS DE ANDREA


Remataron as festas de Ribadeo. Onte o tempo estuvo fantástico, mellor que o domingo, por eso aproveitamos para voltar á praia dos Castros e que así Andrea puidese disfrutar dun novo baño nestes últimos días do verán. Cando estabamos a piques de rematar a xornada tivemos que apurar a nosa saída da praia porque as formigas con alas apareceron e fixéronse excesivamente pegañosas. Din os máis vellos que eso quere dicir que vai chover. Despois tamén apareceron insectos similares e outros de todo tipo por Ribadeo. (De momento e desde primeiras horas da mañá de hoxe loce o sol e fai calor).
Antes, eso sí, comida familiar en A Dorada de onde saimos a reventar porque as racións foron (coma sempre) abundantes e a comida moi rica e ben servida por Yoli e Gusi. E xa para rematar coas xornadas gastronómicas destes días, pola noite cea no Serra con Miguel, Sonia, Moncho e Ayleen. Todo estaba bó. Houbo que agardar un pouco porque o comedor estaba abarrotado e tivemos que cear no bar, pero sinceramente, estivemos moito máis tranquilos.
Agora volta a normalidade e a tranquilidade a Ribadeo, algo que xa é de agradecer, despois de todo este tute que nos metemos. Hoxe tiven noticias do meu amigo Arévalo que é un viaxeiro total e que despois de pasar un verán de aquí para aló comenza agora a buscar traballo de xornalista en Madrid. Agardo que teña sorte e que tal e como quedamos poidamos vernos na capital Beni, Pepa, él e unha servidora antes de que remate este 2008.

No hay comentarios: