Na ponte que rematou onte (foi festivo en Ribadeo) fixemos unha gran traca final gastronómica. Xa contou algo Carmen, pero eu vou dar máis detalles para seguir adestrando e a ver si algún día chego a ser crítico gastronómico.
O venres despedímonos da Pipos (Benquerencia) que rematou a tempada e non abrirá, salvo gran sorpresa, ata o ano que ven. Ceamos ameixas (que as preparan impresionantes), anchoas e polo ó allo. De postre un riquísimo e potente queixo de Castela. Coma sempre, tratáronnos fenomenal, e ademais enterámonos que o cociñeiro e tamén un crack da albanelería e construiu el só unha casa en Piñeira (Ribadeo).
O sábado comemos na Casa do Merlo (San Miguel de Reinante) con Inma Valledor e Manuel Silveira e por fin logrei probar o "cochinillo" dese restaurante, que estaba espectacular. No seu punto de asado, para o meu gusto. Enterámonos que é un "sacrilexio", segundo nos dixo o camareiro, comer o cochiño asado con patacas fritas, polo que desistín da idea. Impresionantes, polo moito que picaban, estaban tamén os pimentos de Padrón que comemos de entrante, xunto con uns espárragos trigueros á plancha, que me encantaron.
E o domingo a xira gastronómica levounos á Taberna de Lola, en Remourelle (Ribadeo), onde tivemos unha comida familiar. Para empezar empanada de bonito e xamón (cortado sin piedade en grandes e grosos trozos). Despois un plato novo para min e para o resto dos comensais: pulpo con gambas e gulas, que picaba bastante pero estaba rico. Seguimos con caldeirada de rape ó alvariño, que estaba moi boa porque o peixe era fresquísimo. E, como estabamos repletos e non puidemos probar o cocido que nos ofreceu Lola, rematamos cun surtido de postres que levaba tarta de queixo, tarta de mazá, biscoito e requesón. A Taberna de Lola é un lugar ó que é difícil chegar se non coñeces a zona, pero cómese ben e abundante sen gastar moito diñeiro.
Por si fora pouco, o domingo ceamos no Tranvía (Ribadeo). Tortilla de patacas, ensalada mixta, croquetas de xamón, mexilóns recheos e táboa de embutidos e queixos foron as racións que compartimos. Todo estaba bon, aínda que a tortilla a min góstame máis pasada.
O luns, día da Patrona, tivemos outra comida familiar, neste caso na Dorada (Ribadeo) onde o menú consistiu en paté de marisco, pulpo á feira, calamares fritos, revolto de ajetes, trigueros e lagostinos e ternera asada. Foi superabundante e ben preparado, aínda que para min o mellor foi o pulpo.
E rematamos con unha cea no mesón Serra. Outra vez houbo pulpo, pero tamén chipiróns fritos e croquetas para empezar e churrasco de cocho e de ternera para rematar, porque xa non nos quedou sitio para postre. Estivo ben (sobre todo os primeiros e o churrasco de cocho) e saiunos a bon prezo.
Hoxe, martes, baixamos o ritmo gastronómico (estabamos a piques de reventar) e fixemos unha comida campestre a base de bocatas na beira da praia de Penarronda (Asturias), de onde saímos xusto antes de que empezara a chover.
9/9/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario