23/9/08

RIVERAS E RUTHERFORD

Dous mariñanos de apelido Rivera están de actualidade por motivos ben distintos. Un deles é o xornalista Javier Rivera (foi xefe meu durante os oito anos que estiven traballando no xornal "El Progreso"), que acaba de ser nomeado director do semanario ribadense "La Comarca del Eo" e por iso entrevisteino onte en Onda Cero. O outro é o alcalde de Foz, o socialista José María García Rivera, quen di que se vai retirar da política ó rematar o actual mandato municipal, no ano 2011. Dese tema falamos, tamén onte, na tertulia de Onda Cero A Mariña na que participaron Alfonso Rodil, Antonio Villarino e Suso Villalba.
Tamén está de actualidade o británico-ribadense John Rutherford, que será nomeado membro da Real Academia Galega nun acto que se celebrará o día 4 de outubro na Coruña.
Dende aquí a miña noraboa para Javier e para John. O de Pepe Rivera non sei si é para darlla a el ou a outros.

No hay comentarios: