22/9/08

INXUSTIZAS DA VIDA

Unha fin de semana amarga e doce... amarga porque a morte súbita dun mozo de 23 anos sempre che fai pensar e darlle voltas á cabeza e coma dicía o seu pai "a vida é moi inxusta e agora xa non voltarei a ver e a sentir máis o seu sorriso". Abraham era un veciño do barrio das Gándaras ao que eu non vía desde que era un neno e que se atopaba traballando en Barcelona cando o seu corazón deixou de later. Con todo o que supón a morte dun fillo para uns pais, os deste rapaz, permitiron que os seus órganos poidan darlle vida a outras persoas que os necesitan. Sobran as palabras. A consternación, a tristura, as bágoas... deixáronse ver en cada recuncho do barrio no funeral que alí se celebrou esta tarde, segundo me contan.
Da parte doce, quedóme co partido do Breogán do que xa falei no outro comentario, e da mini ruta de tapas que fixen o sábado pola noite con Beni, Nuria, Maite e María José. Por fin logramos pobrar a tapa que elaborou Miguel no restaurante Figón e que compite na categoría de tapa creativa. A min gustóume moito, a presentación, o sabor.... E despois fumos ao Paprica, onde tamén probamos outra tapa creativa riquísima (ainda que para min o bonito estaba un pouco crú) e cunha presentación exquisita que incluía cristal de pataca, si, si cristal de pataca, tal cual. Despois ceamos en La Sucursal: xamón de pato, cogollos con anchoas e pimentos, arroz meloso de vieira e non sei que máis, e de postre trufas de chocolate e laranxa e crema de melocotón con sopa de fresas. Éste último postre impresionante, de verdade.
E o domingo comida familiar e despois risas e tertulia con Yago ao que facía moito que non víamos e co que analizamos o verán en Ribadeo, as súas noites de marcha, os persoeiros en común que coñecemos, etc, etc... e hoxe luns traballo pola mañá e pola tarde, e tamén recibín noticias de Ana Veiga, unha xornalista que traballou o ano pasado de becaria en Onda Cero na Coruña e que os últimos meses estivo na revista Yo donna, en Madrid. Un encanto de persoa e unha boa profesional á que lle desexo o mellor na súa aventura londinense.

No hay comentarios: