24/9/08
XENTE NAS PRAIAS
Rematou oficialmente o verán, pero na Mariña lucense temos agora máis días de sol seguidos que en pleno mes de agosto, aínda que as temperaturas non son moi altas. Hoxe pola tarde estivemos tomando o sol na praia de Fontela e non éramos os únicos aínda que tampouco se pode decir que non houbera sitio para poñer as toallas. Onde había máis ambiente era na praia das Catedrais, sobre todo coincidindo coa baixamar. Centos de persoas estaban visitando o areal un mércores de outono, o que demostra que é o principal atractivo turístico da provincia (ou polo menos o que recibe máis visitantes ó longo do ano), aínda que a algúns lles fastidie.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario