Nos últimos días hai moitas boas noticias en Ribadeo ou polo menos a min parécenme que son cousas positivas. O domingo estivemos na representación teatral que houbo no auditorio Hernán Naval e a afluencia de público era boa, o que demostra que os cartos adicados polo Concello a este tipo de actividades non son tirados.
O luns a empresa pública Sepes (do Ministerio de Vivienda) anuncia a aprobación dun orzamento de casi 6 millóns de euros para construir, por fin, o polígono industrial de Ribadeo. O mesmo día o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, da a coñecer a concesión da Q de calidade para as praias das Catedrais e Os Castros.
E hoxe, martes, o alcalde, Fernando Suárez, recibiu un novo camión para a recollida de lixo, mercado con unha subvención da Consellería de Medio Ambiente. Por iso estivo en Ribadeo o delegado provincial dese departamento da Xunta, Eduardo Vidal, que tamén visitou o xa famoso (antes de inaugurarse) Parque dos Indianos.
Estes días tamén houbo outra noticia (neste caso non tan positiva) en Ribadeo: o derrube de parte dunha casa do casco vello, na que vívia unha muller, que afortunadamente non resultou ferida. Este suceso debe ser un aviso para os que teñen inmobles en estado ruinoso e non os reparan, porque en calquera momento poden ser responsables dunha desgracia.
28/10/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario