Vai moito frío en Ribadeo. A verdade é que non tivemos un paso intermedio do verán ao inverno ainda que non esteamos nesta estación. Hai un mes eu estaba na praia e agora hai que poñer botas, xerseis e un bó abrigo para saír á rúa e está a chover moito tamén estes días por aquí, onte incluso granizou en varias ocasións. O mellor é quedar na casa tumbado no sofá vendo unha boa película ou lendo algo e tomando por exemplo unhas castañas. Ese cheiro (o das castañas asadas) percorría hai uns días as rúas de Lugo e tamén percorre as de cidades coma Madrid, algo que nos fai pensar que estamos metidos de cheo no frío, no inverno e case no Nadal. Por certo non sabía eu que o kilo de castañas está tan caro. Nun supermercado aquí ao lado da casa acabo de velas a 3'55 euros. Nós tivemos a sorte de probalas sen pagar. Meu tío Suso recolleu unhas poucas e xa as comemos tanto en Lugo coma en Ribadeo. Haberá que dicirlle que non se esqueza de coller algunha máis para seguir a disfrutar dun dos sabores típicos do inverno.
E agora entramos en alerta laranxa por fortes ventos do forza 8 con ondas de ata 4 metros nos litorais da Coruña e Lugo. Bó momento para ver como rompe o mar contra as rochas nesta fantástica costa luguesa. Si hai posibilidade farei e colgarei aquí algunha foto.
29/10/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario