29/10/08

CAPACIDADE DE SORPRESA

Despois de 2o anos traballando en medios de comunicación pensei que non era capaz de sorprenderme polas saídas de tono dun político, pero estaba equivocado. Comprobeino esta mañá cando vin no xornal La Voz de Asturias as declaracións do alcalde de Castropol, José Ángel Pérez, criticando a construcción do polígono industrial de Ribadeo, obra á que se opón porque considera que pode ser perxudicial para o futuro do parque empresarial de Barres (Castropol).
Despois da sorpresa inicial viñeron as preguntas que me fixen a min mesmo: ¿con que obxetivo fixo esas declaracións o alcalde de Castropol, si o polígono industrial de Ribadeo vaise construir independentemente do que queira, ou deixe de querer, José Ángel Pérez? ¿Pensa que os veciños de Castropol son tan tontos que con esas manifestacións vai conseguir votos? Non atopo respostas a estas preguntas, pero preocúpame que con estas saídas de tono se poidan alimentar rencillas entre os veciños de Ribadeo e de Castropol, porque aínda hai xente que se toma en serio este tipo de cousas que se lles ocurren a algúns políticos para saír algo nos medios de comunicación. Ese protagonismo deberían buscalo facendo cousas positivas para o seu pobo e non creando polémicas e alimentando enfrontamentos. Pero, xa se sabe, é máis fácil predicar que dar trigo.

No hay comentarios: