O meu corpo resíntese hoxe do primeiro día de piscina. Foron moitas cousas as que fixemos nos 45 minutos que dura a clase e agora hai dor de riles e "agujetas" nas pernas, pero imaxino que con dúas ou tres sesións máis pasarán. A experiencia estivo moi ben porque somos poucos e a monitora danos cáseque unha atención personalizada e ademáis ao ir con xente coñecida pois mellor que mellor. Eu empecei moi ben pero ao final da clase xa estaba morta, porque controlar a respiración é realmente complicado. Mañá mércores repetiremos experiencia e risas con Sonia e Pepita na piscina, na ducha e no vestiario. E eso que ainda non se incorporou esta temporada Bebel, que cando chegue montaremos un show.
A noite en Ribadeo foi de "traca" con fortes ventos e con chuvias importantes xa a primeira hora da mañá, pero a medida que avanzou o día ata chegou a saír o sol. De momento seguimos en alerta por fortes ventos na costa galega. A temperatura, eso sí, segue a ser agradable.
7/10/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario