Da fin de semana xa falou Beni. Eu seguín a dieta para mellorar ese malestar estomacal que me aqueixa e ainda que pareza incrible non comín pulpo, adiquéime ós peixes cocidos ou á pracha e ó pito cocido e á sopa, e de alcohol nin unha gota. A ver si así poido comenzar a semana con normalidade.
Hoxe ó mediodía exercimos de padriños e levamos a Andrea a dar unha volta polas rúas de Lugo, pero non chegamos máis aló da Praza Maior, porque botar unha ollada a Bispo Aguirre daba un pouco de medo, e levando a unha meniña de ano e medio non era moi convinte. Nas terrazas nin un oco para sentarse e o sol a era hora apretaba. Estivemos vendo a feira de artesanía que está ubicada detrás do Concello e acabamos comprando algo (coma sempre). Atopámonos a ducias de turistas saindo do aparcadoiro da rúa do Gran Teatro e a centos ou a miles de visitantes disfrutando da cidade. Paseando pola rúa da Raiña vimos a Manuel Pérez, o que fora alcalde de Vigo hai uns anos e que é da zona sur da provincia de Lugo; moi preto andaba tamén Xosé Manuel Beiras coa súa dona, ainda que neste caso a súa presenza non pasaba desapercibida e no fondo da Praza Maior vimos tamén a un actor galego (non me lembro do nome) ó que se podía ver en series da TVG coma Rías Baixas, e que ademáis polo que nos contan é asiduo dos veráns en Barreiros. A mañá rematámola nos estudios de Onda Cero Lugo, desde onde Esther Eiros estaba a realizar o seu programa Gente Viajera para toda España. Onte xa o fixo desde a Fundación Caixa Galicia e entre os entrevistados estiveron o conselleiro de Industria, Fernando Blanco e o alcalde de Lugo, José López Orozco. Saudamos a Esther, á xente do seu equipo e ós meus ex compañeiros de Onda Cero. Logo comida familiar e despois viaxe de retorno a Ribadeo. Fin de semana completa, e para a vindeira agardamos máis. ¡AH!!! Tamén me atopei pola Praza Maior ó presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.
5/10/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario